Facebook Twitter Google +1     Admin

Explicazóm

Os número ónticos xa foron obxecto de discusión filosófica na idade antiga polos pitagóricos, e de feito que a sustantivación dos números serve para obter referentes útiles na vida cotiá, e permiten facer unha distancia entre por exemplo, a unidade e a identidade persoal, que tamén e unha; un número óntico é un número que ten un contido significativo que vai máis aló da mera enunciación dunha cantidade e caracterízase polo significado concreto que en cada caso contén. Un amorodo é diferente que un pexego, un home é diferente que unha muller, un neno é diferente que un xogo de cartas. O "un", o "dous", o "tres" poden referir a conxuntos de un, dous, tres obxectos diferentes e así son números ónticos todos aqueles que coinciden en ter unha carga de significado particular propia de cada un deles e diferente na maior parte dos casos de os demáis números ónticos. Pois ben, una ecuación óntica revela variables ónticas que compoñen a súa estructura e funcións numéricas. Ó ter unha ecuación de quinto grao con dúas variables (x+y)^5 desenrolada pódeselle dar significado textual ás variables, dando pois nunha interpretación asignada para os valores das variables "x" e "y" e adicionándolles uns valores de referencia numérica que resultan do devandito desenrolo. A versatilidade argumentativa no eido propio da interpretación e reinterpretación da ecuación pode suxerir, polo pronto, o exemplo seguinte: temos unha reunión familiar de unha avoa, tres mulleres, un home e dous netos, en total 6 persoeiros. No estudo da linguaxe e polo tanto no estudo da cognición humán está o asunto. O neno de cotío ten que habelas con situacións coma esa, onde pronto ou máis tarde vai ter que demostrar e usar habilidades lingüísticas. De súpeto é interpelado, e o neno cala incapaz de falar, responde naturalmente, responde rexitando a interpelación, responde como pode apurado. En todas esas respostas, incluida a omisión, o neno 1º representa a situación con esquemas mentáis, nomeadamente a ecuación de 6º grao con dúas variables, el e o mundo extensionalmente, e seis graos de intensidade. Certo que pode representarse a situación de moitas outras maneiras, por exemplo non considerando senón as variables pai e nai rodeadas con emanacións secundarias das outras persoas, ou centrándose na elocución interpelativa. O neno, canto máis desenrolado ten o esquema da situación máis competente é para elexir o escenario da súa intervención. Agora, cando o escenario é descoñecido, o neno ten unha desavantaxe substancial respecto ós actores e actrices involucrados na acción. A creatividade e a reproducción de estratexias adquiridas serán as pautas de guía do neno e serán eivadas en tanto non mecaniza o escenario e as accións competentes, e cando así sexa a súa creatividade será ben recibida pois ten as bridas da actuación exitosa. A ontización de números e ecuacións exposta ten como obxectivo reproducir o proceso de ontización que se da e facemos de cote tódalas persoas. Nese proceso interveñen variables modulables, o ton, que son afectivas; e variables xenéricas de contexto aberto como a quen vai dirixida a acción, cales son os materiais necesarios para realizar unha actuación competente, a dispoñibilidade de tomas falsas.

01/05/2006 21:04 cesar d. castro porto #. Imaxe

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.



#outer-wrapper{ width: 800px; margin: 0 auto; padding:10px; text-align: left; } #main-wrapper{ width: 800px; float: left; word-wrap: break-word; overflow: hidden; } #sidebar-wrapper{ width: 250 px; float: right; word-wrap: break-word; overflow: hidden; }

Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris