Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Enero de 2013.

Cartas de tempo

Escríbome cartas de tempo ao futuro, regalos, sorpresas.

Regalos-carta, sorpresas-carta, que escribo parsimonioso letra a letra.

E en cada palabra envío unha mensaxe a meu eu do futuro,

e doulle agarimos e acenos graciosos e espero, que vou.

e quero chegar e non dou, porque quedo escribindo,

e vou e quero mirar o buzón do correo, e hoxe non.

Hoxe teño carta, e vou e miro e ábroa e leo.

Leo palabras tenras e agarimos e músicas,

e fálome da fala de cotío, das palabras preñadas,

e recollo as miradas e miro as mans e sinto pálpebras,

e pow pow, o corazón peta no cráneo e chama, e chama

e ábrolle o arco da bella do pensamento e das sensacións,

e pasa, e falamos do cotiá, e botamos unhas risas,

e acordamos enviar unha carta do cerebro ao corazón

para estar en contacto, por chegar a tempo

ao futuro.

23/01/2013 02:17 cesar d. castro porto #. Amigos.as No hay comentarios. Comentar.
#outer-wrapper{ width: 800px; margin: 0 auto; padding:10px; text-align: left; } #main-wrapper{ width: 800px; float: left; word-wrap: break-word; overflow: hidden; } #sidebar-wrapper{ width: 250 px; float: right; word-wrap: break-word; overflow: hidden; }

Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris