O principio de Incertidume de Heisenberg apropiado para o terreo do sociolóxico
O nomeado principio de incertidume de Heisenberg enuncia que non é posible no sistema da mecánica cuántica saber con certeza o momento (posición) e a velocidade dunha partícula. Coa fórmula #( ......)-->1 Preséntasenos o seguinte: O robot que fai cartos pasa no seu devir dun estado de coñecemento a un estado de expresividade, o que lle da a valideza 1. Dito doutras formas, a máquina de Turing humán garda trala expresión da faciana un coñecemento que expresará de cote, e se non o expresa a máquina de facer cartos non funciona, o coñecemento queda sen expresión, a persoa non sorrí, porque non se divirte e porque non pode expresalos coñecementos ou porque non se lle recoñece externamente esa calidade, dise que da en valeiro e a fórmula chega a un -->0 en troques de a un -->1. Polo miúdo, calquera é unha máquina de facer cartos, non che hai que ser un xenio para iso, o conto vai en que a retribución igualitaria por un esforzo, dígase 4 horas de traballo diario, fai que tanto a máquina sorría como a persoa que manexa a máquina. Pero é imposible saber se a máquina está funcionando pola mera expresión da faciana de quen porta a máquina. Díse que se a persoa non sorrí, entón a máquina non vai, cando está tristeiro, cando ten unha marca de xenreira na face, de noxo, ou calquera outra marca que non expresa ledicia ou unha preocupación razoable. E pola beira do lado díse que se a máquina sorrí, a persoa sorrí, cando ben pode ser unha actuación sobranceira.
3 comentarios
Miyinalouzo -
Pavoguze -
Supra Skytop -