O traballo que non gusta
Un patrón oe falar do GPS e encontra na tenda un e o leva para o seu barco novo. Cando saen navegar o patrón chama á tripulación e divide ós homes (¿?)en dous grupos de turno de 12 horas. Comeza o primeiro turno ás dúas da tarde, despóis de comer na popa. Logo de sairen os mariñeiros á primeira cuberta diríxese ó grupo: BABOR E A PARTE DEREITA DO BARCO, ESTRIBOR A PARTE ESQUERDA. O turno vai desconcertado ó traballo por algo tan raro e a cousa queda aí. Cando comeza o turno de noite diríxese ós mariñeiros, e xa ten botada unha sonata no camarote, que queda na proa: BABOR E A PARTE DEREITA DO BARCO, ESTRIBOR A PARTE ESQUERDA. Algúns mariñeiros protéstanlle e responde: TEÑO UN GPS. Ah, ah, ben. Pasan os días e non fai calor demáis pero non hai nubes. O patrón diríxese cada día á tripulación e sóltalles a mesma cantinela que o primeiro día, un día tras outro. A cousa é que ten o GPS e os mariñeiros da noite non están de boas. Un grupo deles xa cando levan varios meses de labor decide tirarlle o GPS pola borda e faino. Ó día seguinte cando oen a canción algúns replican: ¡ONDE ESTA O GPS, QUEREMOS VELO!! O patrón levaos ó camarote e cando non está o aparato GPS tolea. Revira e revira polo camarote e non atopa. Os mariñeiros pregúntanlle ¿e logo, cál é babor?
Un profesor de Madrid ensina ós estudantes, babor é a parte dereita do barco....Un galego fillo de mariñeiros que está de visita na casa dun amigo de Madrid óello dicir e deixan de ser amigos. O pai madrileño descubre o conto e chámalle ignorante ó galego, o pai do galego escacha a rir.
Chega un mariñeiro a porto.... o conas
0 comentarios